Cartel Semana de Cine
15/10/2019

Invitacións para o "Ciclo Infantil" da Semana de Cine de Lugo

A Semana de Cine quere invitar aos colexios da capital lucense a asistir gratuitamente ás proxeccións do ciclo Infantil da próxima SICA, que se celebrará do 21 a 26 de este mes.

As proxeccións do ciclo infantil son de luns a sábado as 18 h. no Auditorio Gustavo Freire.

Para poder asistir gratuitamente a estas proxeccións, os colexios interesados deben poñerse en contacto coa organización da Semana se Cine Lugo para facer saber o seu desexo de participar, e reservar o día de asistencia cos seus alumnos.

No caso de que algún colexio non tivera recibido a correspondente comunicación, poden poñerse en contacto con Fonmiñá para programar as súas visitas: http://www.fonmiña.es/contacto

A prol do cine!!!