Exposición DO BIMILENARIO AO ARDE LUCUS, na Biblioteca Provincial
30/09/2026

Exposición DO BIMILENARIO AO ARDE LUCUS, na Biblioteca Provincial

A exposición DO BIMILENARIO AO ARDE LUCUS, confeccionada con motivo da XLVIII Semana de Cine de Lugo, está aberta na Biblioteca Provincial de Lugo ata o 14 de outubro próximo.

A Mostra foi promovida por Fonmiñá por terse cumprido medio século da celebración do Bimilenario de Lugo  - e a esta efeméride dedicábanse cinco paneis -, e vintecinco anos do inicio do Arde Lucus, ao que se dedican seis.

En canto á celebración dos vintecinco anos do Arde Lucus, nos correspondente paneis recóllense un total de vintecinco fotografías, e vintecinco opinións de destacados lucenses sobre a nosa festa de recreación histórica.

Esta mostra inaugurose o martes da pasada semana, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia, coincidindo coa recepción da embaixada do Festival de Cine de Astorga que se irmandou coa Semana de Cine de Lugo, na que participou unha ampla representación das Agrupacións romanas e castrexas do Arde Lucus. De seguido trasladouse á entrada da Biblioteca Provincial, onde permanece exposta.

Vai acompañada esta mostra dun catálogo que reproduce os doce paneis, que se entregará a todos os visitantes.