3.334 lucenses participaron na XLVI SEMANA DE CINE DE LUGO
01/10/2024

3.334 lucenses participaron na XLVI SEMANA DE CINE DE LUGO

Un total de 3.334 lucenses participaron na XLVI Semana de Cine de Lugo, tanto nas proxeccións nas cinco sedes do Festival, en Aspnais ou nos Centros Penitenciarios de Monterroso, Bonxe e Teixeiro, como nas actividades especiais organizadas con motivo da Semana.

A maior parte dos participantes acudiron ao Auditorio, onde se contabilizan 1.509 persoas nas seccións Oficial, infantil e O mellor do ano. No resto das salas -Delegación da Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Vello Cárcere e Biblioteca Provincial- foron 1.038 os asistentes. E 787 participaron nas diversas actividades especiais -exposición, presentacións, descubrimento de placas e homenaxes- e proxeccións en Aspnais e nos centros penitenciarios.

Fonmiñá agradece aos medios informativos a extraordinaria atención á Semana de Cine, ás institucións co-patrocinadoras o seu apoio, e aos cinéfilos lucenses a súa participación nas proxeccións e actividades, especialmente aos que participaron nas homenaxes e mesas redondas.