A agardada 42 edición da Semana de Cine de Lugo incluirá a proxección de  119 filmes
13/11/2020

A agardada 42 edición da Semana de Cine de Lugo incluirá a proxección de 119 filmes

Esta mañá presentouse no Pazo de San Marcos a 42 edición da Semana de Cine de Lugo, que se celebrará do 23 ao 28 de novembro. A mostra, organizada polo Grupo Cinematográfico Fonmiña e dirixida por Manuel Curiel, inclúe a proxección de 119 filmes en distintos espazos culturais da cidade.

Curiel subliñou na presentación a capacidade de convocatoria do festival que recibiu no periodo de inscriciòns “preto de 2.000 filmes de 60 países”.

A Semana do Cine de Lugo celebrase despois de ser adiada en setembro, data na que se viña celebrando habitualmente. “Por momento pensamos que non podería ser pero chegamos a conclusión de que tería que ser como poidera ser. Sería doloroso para nos, e cremos que tamén para Lugo, facer unha paréntese nn traballo que vimos facendo desde o 1979”, expuxo Xulio Xiz, director do Grupo Fonmiñá na presentación do festival.

A mostra conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo, da área de Cultura do Concello de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela e da Xunta de Galiza.

119 filmes en cinco salas

As películas Sección Oficial proxectaranse no Auditorio Municipal Gustavo Freire, con pases ás 19.00 horas e as 21.00 horas. O icerreitorado acollerá as proxeccións das seccións Cine Galego, con 28 filmes, e  As curtas tamén son cine, na que participan 35 curtametraxes. No salón de actos do Pazo de San Marcos, proxectaranse as catro películas de Cine Documental; mentras que no auditorio do Vello Cárcere se poderá ver o ciclo La Otra Orilla con películas de Arxentina, Chile, Cuba, Colombia, Mexica, Honduras, Brasile e Bolivia. Ademais, na Biblioteca Provincial pasaranse os filmes do ciclo E para comer Lugo, de temática gastronómica.

A entrada ás proxeccións será de balde, até completar a capacidade das salas, limitada a 30 persoas, dacordo coa normativa sanitaria vixente. O Grupo Fonmiña habilitou un espazo na web para a reserva online das entradas.


A mellor película da Sección Oficial, de As curtas tamén son cine e de Cine Galego serán elixidas polo público asistente a través das papeletas de votación que se entregarán á entrada de cada sala.

Deixade que o cine...

Como novidade, e para compensar as limitacións de capacidade impostas pola pandemia, a Semana de Cine de Lugo achegará as proxeccións á sede de Apsnais. O festival sairá de Lug para ofrecer tamén sesións de cine nas prisións de Bonxe, Monterroso e Teixeiro, unha iniciativa para a que contan coa colaboración da asociación Concepción Arenal e de
Institucións PenitenciariasTamén se farán proxeccións nas prisións de Bonxe, Monterroso

Homenaxes a Luis Tosar, Benedicta Sánchez e Carmen Correa

No capítulo de recoñecementos a lucenses do mundo do cine, a Semana de Cine de Lugo incluirá dous actos de homenaxe, ao actor Luis Tosar -o día 27, no Pazo de San Marcos-, e a actriz Benedicta Sánchez - o día 28, tamén na sede da Deputación – nos que se proxectarán “Quen a ferro mata” e “O que arde”

Ademais, ampliarase o Paseo do Cine, unha iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado, con dúas novas placas en homenaxe ao propio Luis Tosar e a Carmen Correa, actriz nada no Queirogal, en Baleira, e que participou no elenco e produción de máis dunha vintena de filmes nos anos 50 e 60.

Exposición na biblioteca provincial

Do 23 ao 28 de novembro, a Biblioteca Provincial acollerá unha exposición con todas as edicións dos libros da colección Semana do Cine de Lugo, que inclúe unha vintena de publicación, entre elas, as dúas e-ditadas este ano: “Luis Tosar. O descoñecido máis coñecido”, de Manuel Curiel, e “Orixes e consolidación da fotografía en Lugo”, asinado por de Eduardo Ochoa.