Dúas novas placas no Paseo do Cine de Lugo
27/11/2020

Dúas novas placas no Paseo do Cine de Lugo

Desde esta tarde, o PASEO DO CINE DE LUGO conta con outras dúas placas de homenaxe a LUIS TOSAR e CARMEN CORREA. Con asistencia de Maite Ferreiro, Vicepresidenta da Deputación Provincial e Concelleira de Cultura de Lugo,  e Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, descubríronse esta tarde dúas placas no Paseo do Cine de Lugo (o que vai desde a Avenida de A Coruña, nos terreos do Parque da Milagrosa, cara ao Auditorio Gustavo Freire).

Asistiron directivos de Fonmiñá, entidade organizadora da Semana de Cine, e promotora deste Paseo en colaboracion co Concello de Lugo.

A placa na honra de LUIS TOSAR foi descuberta por MAVISA RODRÍGUEZ LÓPEZ, que foi profesora de Luis no Instituto de Lugo, integrounono seu grupo de teatro, e foi decisiva para que Tosar se iniciase no mundo da actuación.

A placa de CARMEN CORREA (actriz nacida en Baleira, que participou en numerosos filmes nos anos cincuenta e sesenta, e foi homenaxeada na Semana de Cine de 2006), foi descuberta polo xornalista oriundo de Baleira, Alfonso Riveiro director do xornal El Progreso, que no 2006 foi importante xestor naquela homenaxe á actriz .