
A exposición de cartel e bocetos da XLVII SEMANA DE CINE DE LUGO permanecerá na Biblioteca provincial todo o verán
O pasado 26 de xuño, cando se cumpriron os cen anos da estrea de LA QUIMERA DEL ORO, de Chaplin, abriuse na Biblioteca Provincial unha exposición arredor do cartel da XLVII SEMANA DE CINE DE LUGO, obra do lucense Primitivo Marcos, xunto cos 15 bocetos efectuados, que xiran arredor desta mítica película, como homenaxe da Semana de Cine de Lugo ao filme e ao seu autor.
Na inauguración, o autor do cartel explicou o proceso creativo revisando os quince deseños efectuados ata chegar ao definitivo. E se en principio se pensaba que a mostra se recollese e gardase durante o verán para volver a abrila con motivo da Semana de Cine (22 a 27 de setembro), de acordo coa Biblioteca Provincial, vai permanecer na entrada desta instalación cultural durante o verán, ata o comezo da Semana.
E diante do atractiva que está resultando esta exposición para os cinéfilos lucenses, Fonmiñá vén de acordar co autor dos deseños que seis destes debuxos sexan sorteados entre o público asistente ás sesións da sección oficial da Semana, un en cada proxección, para o que se entregará á entrada unha folla numerada para que os asistentes participen no sorteo.