Guitiriz na XLIII Semana de Cine de Lugo
Guitiriz ten na XLIII Semana de Cine de Lugo unha sección na que estará dous dos traballos audiovisuais máis recentes sobre este concello.
"Entrar aos vilares" o filme documental dirixido por Cibrán Tenreiro e que pertence ao proxecto Lareira de soños e o documental "Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz", creado por Kamy Iglesias e Xosé Antonio Arias, proxectaranse o vindeiro xoves 23 de setembro ás 20:00 no salón de actos da Deputación Provincial dentro da XLIII Semana de Cine de Lugo nunha sección do prestixioso certame adicada a Guitiriz. Ambas películas foron promovidas dende entidades culturais do concello, a primeira dende a asociación de Os Vilares e a do Cine Tomé dende a A.C. Xermolos e as dúas tentan recuperar anacos da historia recente, a primeira dende unha perspectiva etnográfica (Entrar aos Vilares) e a outra dende a lembranza viva dun pasado aínda presente (Cine Tomé). "Entrar aos Vilares" proxectouse en máis de setenta lugares de Galicia e foi finalista na #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e está editada en DVD co libro Lareira de soños de Pastora Veres.
"Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz" estreouse no XLI Festival de Pardiñas o pasado ano.
Os dous filmes fan protagonistas ás xentes do lugar como narradores da súas propias vivencias, construtores e construtoras da historia dun pobo.
Guitiriz ten hoxe protagonismo na 'Semana de Cine de Lugo' amosando dous traballos audiovisuais produto do seu dinamismo asociativo e cultural.
Nas proxeccións estarán participarán os equipos de realización das películas para un coloquio co público.