27/11/2020
Homenaxe a Luís Tosar na Semana de Cine
Hoxe, venres, ás 20,00 h, no salón da Deputación Provincial de Lugo, vai ter lugar a homenaxe a LUIS TOSAR, dentro da Semana de Cine de Lugo.
Despois da colocación da súa placa no PASEO DO CINE DE LUGO, na Deputación vaise proxectar a película QUIEN A HIERRO MATA, e antes do comezo da pelicula a irmá do homenaxeado, PILAR LÓPEZ TOSAR, recibirá a distinción que se entrega aos homenaxeados na Semana de cine lucense.
As entradas para asistir a esta proxección están esgotadas desde hai unha semana.