IMAXES DO NADAL en Friol
No Centro Sociocultural de Friol quedou aberta a exposición IMAXES DO NADAL,promovida polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, impulsor do Belén Electrónico, co apoio do Grupo Fonmiñá e o colectivo Egeria, e –neste caso- coa colaboración do Concello de Friol.
Son corenta fotografías dos lucenses EDUARDO OCHOA, MIGUEL CALVO, FERNANDO GAGO, MIGUEL FRAGA, XOSÉ MANUEL OTERO, TOÑI FERNÁNDEZ ÓNEGA (In memoriam), JOSÉ MANUEL GUISASOLA, GERARDO L. MÉNDEZ e HIXINIO FLORES, en mostra coordinada por Eduardo Ochoa, responsable de fotografía do grupo Fonmiñá. Estas imaxes reflicten aspectos moi diversos do Nadal, vistos desde a perspectiva de cada autor, con imaxes de naturaleza no inverno, adornos festeiros ou persoas que viven un Nadal diferente, xunto con imaxes nas que a luz provoca suxerentes interpretacions, ou as persoas evidencian sentimentos especialmente ostensibles neste tempo.
A mostra permanecerá no Centro sociocultural de Friol ata o próximo 13 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas, os dias laborables.