Inaugurada a exposición HOMENAXE A BERLANGA na Biblioteca Provincial
16/09/2021

Inaugurada a exposición HOMENAXE A BERLANGA na Biblioteca Provincial

Esta mañá quedou aberta na entrada da Biblioteca Provincial de Lugo a exposición de homenaxe a LUIS GARCÍA BERLANGA, organizada por Fonmiñá con motivo da XLIII SEMANA DE CINE DE LUGO.

A mostra percorre a biografía e filmografía de Luis García Berlanga, ao que con motivo do seu centenario a Semana de Cine lle rende homenaxe. Mesmo no cartel anunciador da Semana aparece a lenda “Benvido a Lugo, Mr. Berlanga”, con especial referencia á súa xenial película “Bienvenido, Mr. Marshall”.

Na inauguración da exposición participaron a concelleira de participación cidadá do Concello de Lugo, Cristina López Fernández; a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia en Lugo, María José Gómez; o director da Semana de Cine, Manuel Curiel; e o escritor e cinéfilo Claudio Rodríguez Fer ao que, con motivo desta Semana, se lle publicou unha edición especial do seu libro CINEPOEMAS, que conxuga imaxes de películas senlleiras das historia do cine e poemas por elas inspirados.