LUIS TOSAR, o descoñecido máis coñecido
24/11/2020

LUIS TOSAR, o descoñecido máis coñecido

Dentro da colección de libros SEMANA DE CINE DE LUGO, o Grupo fotocinematográfico Fonmiñá vean de publicar LUIS TOSAR, O DESCOÑECIDO MÁIS COÑECIDO, obra de Manuel Curiel, director da Semana de Cine desde a súa creacion en 1979.

O libro, de 176 páxinas, a toda cor, é un estudio sobre a vida e a filmografía deste actor, oriundo do concello de Cospeito, onde naceu no pobo de Xustás o ano 1971.

Luis Tosar xa ten sido homenaxeado na Semana de Cine de Lugo, coa que mantén estreita relación desde os seus primeiros tempos no cine, pero este 2020 coidouse o momento -dada a traxectoria fulgurante do actor- de facer un “suma e segue” no seu labor no mundo da imaxe, e dar conta do que ata este momento ten acreditado na sétima arte.

O libro leva un prólogo de Mavisa Rodríguez López, profesora de Luis Tosar no Instituto, descubridora do Tosar actor, que indica que a súa misión “consistíu en animalo a perseverar por ese camiño que, como vemos, foi quen de se labrar e chegar ao máis alto”.

Curiel, con este libro, continúa coa súa traxectoria de investigación e divulgación de lucenses ou galegos relacionados coa sétima arte, destacando os seus traballos relacionados con Prudencia Griffell, Frank Braña, Carmen Correa, Eduardo Fajardo, Manuel Lourenzo… e máis recentemente, Rosario Durcal ou Antonio Mourelos.

O libro complétase cun magnífico debuxo de Caxoto, cunha visión ben persoal do noso homenaxeado.

A súa tirada de 1.000 exemplares será distribuída aos interesados na publicación a través das entidades patrocinadoras e colaboradoras da Semana de Cine.