O 26 de xuño, centenario de LA QUIMERA DEL ORO, será presentado o Cartel anunciador da XLVII SEMANA DE CINE DE LUGO
24/06/2025

O 26 de xuño, centenario de LA QUIMERA DEL ORO, será presentado o cartel anunciador da XLVII SEMANA DE CINE DE LUGO

O próximo xoves, 26 de xuño, cumpriranse cen anos da estrea da película LA QUIMERA DEL ORO, de Charles Chaplin, e en toda España ese día vaise comezar a proxectar este filme remasterizado.

Con tal motivo, ese día, ás 12:00 horas, na Biblioteca Provincial de Lugo, vaise presentar o cartel da XLVII SEMANA DE CINE DE LUGO, obra do lucense Primitivo Marcos, que constitúe unha homenaxe a esta histórica película no día do seu Centenario.

A presentación, efectuada por Fonmiñá, á que acudirán representantes das institucións patrocinadoras da Semana, e á que se convida aos medios informativos, contará coa participación do autor do cartel, que explicará o proceso creativo que contou con quince deseños previos, cos que se confeccionou a exposición que con este motivo se inaugura na Biblioteca provincial, e quedará exposta nesta institución ata comezos de xullo, e volverá expoñerse durante a Semana de Cine que se celebrará do 22 ao 27 do próximo mes de setembro.