Os universitarios e a Semana de Cine
21/10/2019

Os universitarios e a Semana de Cine

Os universitarios lucenses terán un desconto do 50% no importe das súas entradas da Semana de Cine de Lugo. Só terán que mostrar unha acreditación desa circunstancia ao retirar a súa entrada na taquilla do Auditorio Gustavo Freire.

A Universidade de Compostela-Campus de Lugo é entidade copatrocinadora da Semana de Cine, efectuándose este desconto  para fomentar a participación dos universitarios nesta celebración.