Presentación da Semana de Cine de Lugo 2023
06/09/2023

Presentación da Semana de Cine de Lugo 2023

O venres, 8 de setembro, ás 12,00h., na Sala de Novas Tecnoloxías do Concello  de Lugo, vai ser presentada a XLV Semana de Cine de Lugo, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

Participarán os representantes das entidades patrocinadoras: a Deputada provincial de Cultura, Iria Castro; a Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro; o Delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, e a directora da Uned en Lugo, Ana Traseira.

A Semana de Cine, na súa edición número corenta e cinco, hase celebrar do 18 ao 23 do presente mes.