
Presentación da XLI SEMANA DE CINE DE LUGO
Hoxe, día 15 de Outubro de 2019, ás 12:30 h. tivo lugar a presentación da 41ª Semana de Cine de Lugo, na sala de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo.
Asistiron representantes das entidades patrocinadoras: Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela-Campus de Lugo. Por parte do Grupo organizador, participou o Director da Semana de Cine, Manuel Curiel, e o Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, acompañados do resto dos membros do comité organizador.
A Semana, que se celebrará do 21 ao 26 de outubro, terá por sedes o Auditorio municipal Gustavo Freire, O Vello Cárcere, Museo Provincial de Lugo, salón da Deputación Provincial, Biblioteca Provincial e Casa do Saber da Universidade. Agás no Auditorio Gustavo Freire, nas outras cinco dalas de proxección, a entrada será gratuíta ata completar o aforo.
