Presentación da XLIII Semana de Cine de Lugo
06/09/2021

Presentación da XLIII Semana de Cine de Lugo

O próximo mércores, 8 de setembro, ás 12:00 horas, na sala de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo (entrada por Ángel Fernández Gómez), vai ter lugar a presentación oficial da XLIII SEMANA DE CINE DE LUGO, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, co apoio de Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela-Campus de Lugo. Tamén ese día se poñerá en marcha a web oficial da Semana.

Á presentación, na que participarán representantes das entidades patrocinadoras e membros do Grupo organizador, convídase aos medios informativos, agradecendo de antemán a difusión que efectúen desta celebración.