Presentación do libro "41 semanas, 41 carteis"
22/10/2019

Presentación do libro "41 semanas, 41 carteis"

Mañá, mércores, ás 12,30 h., vai ser presentado o libro 41 SEMANAS, 41 CARTEIS, editado por Fonmiñá con motivo da XLI SEMANA DE CINE DE LUGO, coordinado polo responsable de Fotografía do Grupo Fotocinematográfico, Eduardo Rodríguez Ochoa.

A presentación terá lugar no salón de novas tecnoloxías do Concello de Lugo, Praza de Ángel Fernández Gómez.