22/05/2026
Presentadas 1.461 películas para a XLVIII SEMANA DE CINE DE LUGO
Un total de 1.461 películas (entre curtas e longametraxes) foron inscritas para a XLVIII SEMANA DE CINE DE LUGO, que organiza Fonmiñá e na que colaboran o CONCELLO DE LUGO, DEPUTACIÓN PROVINCIAL, XUNTA DE GALICIA, UNED e USC.
A través da plataforma Festhome foron presentadas un total de 1.316; 57 a través de Click For festival; 25 foron presentadas por distribuidoras, e 63, de xeito independente.
O prazo de admisión de filmes rematou o pasado 15 de maio, e a Semana de Cine vai celebrarse do 21 ao 26 do mes de setembro próximo.