
Presentado o cartel anunciador da XLVII SEMANA DE CINE DE LUGO
Onte xoves cumpríronse cen anos da estrea da película LA QUIMERA DEL ORO, de Charles Chaplin, e en toda España comezouse a proxectar este filme remasterizado.
Con tal motivo, na Biblioteca Provincial de Lugo foi presentado o cartel da XLVII SEMANA DE CINE DE LUGO, obra do lucense Primitivo Marcos, que constitúe unha homenaxe a esta histórica película no día do seu Centenario.
O autor fixo un percorrido por unha exposición na que se poden ver os distintos bosquexos realizados ata chegar ao deseño definitivo, así como distintas versións deste deseño, a traves dos que foi explicando o proceso creativo con todo luxo de detalles.
A este acto acudiron Javier Arias Fouz, delegado da Xunta de Galicia; Elena Candia, Vicepresidenta do Parlamento de Galicia; Iria Castro, da Deputación de Lugo; Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo; Ana Traseira, directora da UNED Lugo; Manuel Antonio Fernández, delegado territorial da Xunta de Galicia; Águeda Valín, xefa do servizo de Cultura da Xunta en Lugo; e membros dos equipos directivos da Biblioteca e do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.
A mostra quedará exposta nesta institución ata comezos de xullo, e volverá expoñerse durante a Semana de Cine que se celebrará do 22 ao 27 do próximo mes de setembro.