A Semana de Cine de Lugo homenaxea a Luis Tosar
28/11/2020

A Semana de Cine de Lugo homenaxea a Luis Tosar

A Semana de Cine de Lugo, na súa edición XLII, ven de render homenaxe a Luis Tosar cun libro, unha placa no Paseo lucense do cine, e a entrega dun agasallo conmemorativo.

Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación e Concelleira de Cultura en Lugo, entregoulle o agasallo a PILAR LÓPEZ TOSAR, irmá do actor, diante da Xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo, María José Gómez Rodríguez, do Director da Semana de Cine, Manuel Curiel e do Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz.

Pilar Tosar tivo emocionadas palabras de agradecemento, no nome do seu irmán, polo especial feito de que esta homenaxe se lle faga na súa terra, disculpando a ausencia de Luis por compromisos cinematográficos, e desexando o mellor para a Semana de Cine e para os lucenses.