Sobre a Semana de Cine de Lugo
03/12/2020

Sobre a Semana de Cine de Lugo

Neste difícil 2020, vimos de vivir unha Semana de Cine diferente, condicionada pola problemática que nos aqueixa, que temos que considerar un éxito pola resposta das institucións e entidades colaboradoras, dos medios informativos e das xentes lucenses que aman o cine.

E aínda que é ben difícil resumir numéricamente unha Semana como a deste ano, queremos facilitar datos mesmo para asumilos a organización e que nos vallan para ir preparando a Semana de 2021.

Recibimos un total de 2.054 películas de 46 países, das que foron exhibidas 119 (longametraxes e curtas), mais 8 que conformaron a programación da Semana Infantil que organizamos para a Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual (ASPNAIS) e as Semanas celebradas nas prisións de BONXE, MONTERROSO e TEIXEIRO.

En Aspnais, a asistencia a cada proxección estaba limitada a 10 usuarios, sendo un total de 120 os que asistiron ás proxeccións.

Nas prisións, a asistencia estaba limitada a 30 internos por proxección, sendo o total de participantes de 440.

Nas salas lucenses, estaba limitada a asistencia a 30 persoas por sesión no Auditorio Gustavo Freire, Deputación Provincial, O Vello Cárcere e Casa do Saber, e de 20 na Biblioteca provincial. Os asistentes ás proxeccións foron en total 467.

Na Biblioteca Provincial estuveron expostas as mostras LUIS TOSAR e Publicacións da BIBLIOTECA DA SEMANA DE CINE, que segundo os controis da institución puideron ser vistas por 1.271 persoas.

Publicamos 35.000 exemplares do XORNAL DA SEMANA. Con el todos os fogares lucenses recibiron información directa desta celebración.

Colocáronse dúas placas no Paseo lucense do Cine (LUIS TOSAR e CARMEN CORREA) e publicáronse dous libros da Biblioteca da Semana de Cine: LUIS TOSAR, O DESCOÑECIDO MÁIS COÑECIDO (Manuel Curiel, portada de CAXOTO) e ORIXE E CONSOLIDACIÓN DA FOTOGRAFÍA EN LUGO (Eduardo Rodríguez Ochoa).

Nas webs da Semana (www.semanadecinedelugo.com e www.fonmiña.es), recibíronse un total de 9.524 visitas procedentes de 42 países, e publicaron informacións especiais sobre a Semana, entre outros medios, EL PROGRESO, LAVOZ DE GALICIA, TVG, TVE, RADIO GALEGA, RADIO VOZ, RADIO LUGO, AXENCIA EFE, DIARIO DE NAVARRA, HERALDO DE ARAGÓN, EL ESPAÑOL, VIVA LUGO…

Agradecemos todas as palabras de apoio de autoridades, medios e público e queremos subliñar o agradecemento expresado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo que, a través do seu Presidente, Cheche Real, nos agradeceu a nova inclusión da sección E PARA COMER, LUGO, que tanto interese desperta entre os lucenses.