Unha imaxe de Eduardo Ochoa anunciará a XLII Semana de Cine de Lugo
17/02/2020

Unha imaxe de Eduardo Ochoa anunciará a XLII Semana de Cine de Lugo

A XLII Semana de Cine de Lugo, xa ten cartel anunciador. Trátase dunha creación fotográfica de Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de fotografía do Grupo Cinematográfico Fonmiñá.

A Semana, que organiza Fonmiñá desde o seu comezo en 1979, conta co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela-Campus de Lugo.

Contar xa co cartel anunciador desta celebración, permitirá adiantar a publicidade da Semana en toda Galicia, e de xeito especial na capital e provincia de Lugo.