A XLII Semana de Cine de Lugo presentarase o 13 de novembro
04/11/2020

A XLII Semana de Cine de Lugo presentarase o 13 de novembro

O próximo 13 de novembro, vaise presentar na Deputación Provincial de Lugo, a XLII Semana de Cine de Lugo, coa participación de representantes das entidades patrocinadoras: Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia (Agadic) e Universidade (Campus de Lugo).

A Semana de Cine, adiada en setembro agardando a mellora das condicións sanitarias, vai ter lugar do 23 ao 28 do presente mes de novembro, coas restriccións que sexan precisas de acordo co que dispoñan as autoridades na materia de espectáculos públicos.