Homenaxe da Semana de Cine ao histórico fotógrafo JOSÉ LOPEZ-FOTO PEREIRA, de Portomarín
25/11/2020

Homenaxe da Semana de Cine ao histórico fotógrafo JOSÉ LOPEZ-FOTO PEREIRA, de Portomarín

A Semana de Cine de Lugo organizou para esta edición a homenaxe por toda unha vida ao servizo da fotografía ao nonaxenario fotógrafo JOSÉ LÓPEZ-FOTO PEREIRA, de Portomarín. Será ao aire libre, diante da Casa do Concello, ás 5,30 da tarde.

O inxente labor deste fotógrafo destaca, moi especialmente, pola magnífica colección de fotos que obtivo no antigo Portomarín que logo o embalse invadiu, gardando para a historia paisaxes, monumentos, persoas, celebracións e vida deste fito do Camiño Francés a Compostela.

Como as normas vixentes en relación con actos deste tipo limitan enormemente a súa celebración, a organización decidiu facelo ao aire libre, hoxe, mércores, ás cinco e media da tarde, diante da casa do Concello de Lugo (dentro dos soportais, se a choiva o impide), invitándose  a todos os que queiran asistir, gardando as distancias prudenciais.