Presentada a 43ª edición da Semana de Cine de Lugo, que ofrece 135 títulos e actividades paralelas durante seis días
A Semana de Cine de Lugo chega á súa 43ª edición cunha carteleira que inclúe 135 títulos e actividades paralelas que se desenvolverán do 20 ao 25 de setembro.
Esta 43ª edición da Semana de Cine articularase arredor de once seccións, entre elas unha de Cine Galego que inclúe 22 películas. Tamén haberá Sección Oficial, Xoias do Ano, ciclo Infantil, Cine Documental, A Outra Beira, Cine e Fotografía, As Curtas Cine Son, E para comer Lugo, Cine Nacionalidades e Homenaxes.
Paralelamente, prográmanse conferencias, debates e presentacións en diferentes escenarios. Nesta edición a Semana homenaxea ao actor nado en Riotorto Luis Iglesia Besteiro. Fonmiñá publicará un libro sobre el, obra de Manuel Curiel; e adicaráselle unha placa no Paseo do Cine de Lugo, no parque de Frigsa. Tamén se incluirá unha placa que lembre ao actor Frank Braña.
Ademais, o certame honra ás figuras de Berlanga no centenario do seu nacemento e a Emilia Pardo Bazán no do seu pasamento. Tamén dará protagonismo a través de distintas proxeccións ao Camiño de Santiago, ao municipio de Guitiriz e á pandemia sanitaria da Covid-19.
Semana de Cine 2021 - Actividades complementarias
Previas á Semana
08/09/2021, mércores: Sala novas tecnoloxías no Concello. Presentación do Libro-Programa e Xornal da Semana. Concurso: Motivos de Berlanga no cartel da Semana de Cine. Ábrese ao público a web da Semana.
15/09/2021, mércores: Presentación de CINEPOEMAS, de Claudio Rodríguez Fer. Edición especial da Semana. Nas institucións patrocinadoras: Concello, Deputación, Xunta e Universidade, entregaranse exemplares aos interesados nesta publicación.
16/09/2021, xoves: Biblioteca Nodal. Inauguración da mostra BERLANGA EN LUGO e exposición de libros (fondos da Biblioteca) de/sobre Berlanga.
17/09/21, venres: Presentación do libro FOTÓGRAFOS DE FONMIÑÁ, de Eduardo Rodríguez Ochoa. Inauguración da exposición.
Durante a Semana
20/09/2021.- 1º día, luns: Concello. Presentación do libro ”Un Camiño de Cine Xacobeo”, da escritora lucense Pilar Falcón, Presidenta da Asociación de Periodistas galegos en Madrid. Na sesión inaugural (Sección Oficial), actuación da Banda Sons e Soños con Música de cine.
21/09/2021.- 2º día, martes: Presentación do libro homenaxe ao actor de Riotorto LUIS IGLESIA. No Paseo do Cine, descubrimento das placas-homenaxe a LUIS IGLESIA e FRANK BRAÑA.
22/09/2021.- 3º día, mércores: Homenaxe ao fotógrafo vilalbés VALENTÍN PURRIÑOS PAZ.
23/09/2021.- 4º día, xoves: Xuntanza dos medios informativos coa directora arxentina Valeria Selinger que presenta a súa película ”La Casa de los conejos”, participante na sección oficial.
Presentación de LA FERIA DE LAS ILUSIONES no M.I.H.L. Pase teatralizado e exposición. 18,30ª 20,00H.: Pases cada 15 minutos para 20 persoas repartidas en dous grupos.
Especial Guitiriz. 20,00. Salón de actos da Deputación: Documentais “Entrar nos Vilares” e “Cine Tomé, moito máis ca unha pantalla”.
24/09/2021.- 5º día, venres: No MIHL, pase teatralizado e exposición LA FERIA DE LAS ILUSIONES.
25/09/2021.- 6º día, sábado: No MIHL, pase teatralizado e exposición LA FERIA DE LAS ILUSIONES. Clausura da Semana.
Deixade que o cine…
Especial infantil con ASPNAIS. Películas:
- TRASTO, DE LA MANSIÓN A LA CALLE
- LOS FIXIES CONTRA LOS CRABOTS
- LAS CRÓNICAS DE FABULANDIA
Corresponden as tres á Sección infantil da Semana de Cine.
Especial Concepción Arenal, en colaboración coa Asociación Concepción Arenal e Institucións Penitenciarias. Películas:
- TRENES QUE VAN AL MAR (Sección Xoias do ano)
- ALMAS ROTAS (Sección Oficial)
- BIENVENIDO, MR. MARSHALL (Homenaxes. Centenario Berlanga)
Proxectaranse nos centros penitenciarios de BONXE, MONTERROSO e TEIXEIRO.