BERLANGA EN LUGO: Inauguración da exposición na Biblioteca Provincial
15/09/2021

BERLANGA EN LUGO: Inauguración da exposición na Biblioteca Provincial

O xoves 16 de setembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca provincial, vaise abrir ao público a exposición BERLANGA EN LIBROS, organizada polo Grupo Fonmiñá, con motivo da XLIII Semana de Cine de Lugo

Pola súa parte, a Biblioteca engade a esta mostra unha vitrina cunha selección de libros relativos a Luis Berlanga e a súa obra, autor do que este ano se celebra o seu centenario.

A mostra, ademais destes días previos ao comezo oficial da Semana, estará aberta durante esta celebración (20 ao 25 deste mes), e ata finais do mes de setembro.