María Casares e Margarita Ledo Andión, no Paseo do Cine
20/09/2022

María Casares e Margarita Ledo Andión, no Paseo do Cine

Inauguráronse no Paseo do Cine as placas conmemorativas de María Casares e Margarita Ledo Andión, que serán homenaxeadas este ano na 44 Semana de Cine de Lugo.

Ao acto acuden Valentín García Gómez Secretario Xeral Política Lingüística da Xunta de Galicia, Tareixa Ferreiro, Vicepresidenta da Deputación de Lugo e concelleira do Concello de Lugo, Siro Lopez Lorenzo, autor do cartel de esta edición da Semana de Cine de Lugo, Xulio Xiz, presidente do Grupo Fonmiñá, Claudio Rodríguez Fer, poeta lucense e Premio Princesa de Asturias de las Letras 2021, Manuel Curiel Fernandez, director da Semana de Cine e un montón de amigos que quixeron acompañarnos neste momento tan entrañable para todos nós.