06/09/2023
Presentación da Semana de Cine de Lugo 2023
O venres, 8 de setembro, ás 12,00h., na Sala de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo, vai ser presentada a XLV Semana de Cine de Lugo, organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.
Participarán os representantes das entidades patrocinadoras: a Deputada provincial de Cultura, Iria Castro; a Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro; o Delegado territorial da Xunta de Galicia, Javier Arias, e a directora da Uned en Lugo, Ana Traseira.
A Semana de Cine, na súa edición número corenta e cinco, hase celebrar do 18 ao 23 do presente mes.