10/01/2024
Bases da 46ª Semana de Cinema de Lugo (do 23 ao 29 de setembro de 2024)
Esta convocatoria ten como principal obxectivo detectar e difundir o talento dos cineastas emerxentes, poñendo especial énfase no cinema de carácter autoral e a regulación dos Premios a películas: Longametraxes (Sección Oficial Semana de Cine). Cinema Galego (Longametraxes, curtametraxes, documentais). Cinema Documental (Longametraxes, curtametraxes). Curtametraxes (Premio “As curtas tamén son cine”), da 46ª Semana de Cine de Lugo (España), organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e baixo os auspicios da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo , que terá lugar en Lugo (España) do 23 ao 29 de setembro de 2024.