Lembrando a Manrique Villafranca
04/03/2024

Lembrando a Manrique Villafranca

No nome da directiva e de todos os socios do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, queremos facer pública a nosa dor polo pasamento do que foi Presidente deste Grupo, Manrique Villafranca y Díaz de Rábago, transmitíndolle aos seus familiares as nosas condolencias.

Destacado oftalmólogo, tiña unha especial querencia polo mundo da imaxe e foi decisivo na impulsión da Semana de Cine de Lugo nos anos oitenta do pasado século, e na consolidación desta celebración, superando moi especiais dificultades económicas.

Manrique gobernou esta entidade nun tempo apaixoante, disfrutou connnosco de incontables aventuras cinematográficas, e deixou na Semana e en todos nós un pouso de home entregado polo cine e por Lugo. Será sempre pedra angular da nosa historia e referente de dedicación e amizade.

Xulio Xiz
Presidente de Fonmiñá