Presentación da XLVI SEMANA DE CINE DE LUGO
09/09/2024

Presentación da XLVI SEMANA DE CINE DE LUGO

O martes, 10 de setembro, ás 12,00 h., vaise presentar a XLVI edición da SEMANA DE CINE DE LUGO, na sala de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo. Esta anual cita de Lugo co cine vaise celebrar do 23 ao 29 do presente mes. Participarán representantes das entidades patrocinadoras - Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, U.N.E.D. - e colaboradoras, así como directivos do Grupo Fonmiñá, entidade organizadora da Semana.